Os orzamentos do concello de Muxía foron aprobados cos votos a favor dos tres concelleiros socialistas que forman do goberno. PP, BNG e non adscritos abstivéronse. Ascenden ós catro millóns de euros.
O alcalde Iago Toba destacou a subida no apartado de servizos sociais cunha suba máis dun 45% con respecto á anterior:“Con estes orzamentos, o grupo de goberno mantén a súa aposta en firme por investir en servizos sociais, cun aumento de máis do 45% nesta partida e tamén cumpre a súa palabra en relación ás melloras salariais do persoal municipal”.
Pola súa parte, Sandra Vilela(PP), criticou que non haxa investimentos con fondos propios do concello que “son prácticamente inexistente” e que non se recolleran as subvencións nominativas ou se ampliara a Bolsa de Emprego municipal.
Carlos Fernández Concheiro(BNG) botou de menos un maior investimento e a falta de negociación.”Non entendo como non se fixeron os orzamentos do ano pasado” dixo.
Nunha liña similar expresouse a non adscrita Mónica Vilela que ao igual co resto da oposición pensa que non houbo ningunha reunión de negociación senon máis ben de “explicación” por parte do alcalde.
Iago Toba, sorprendido coa oposición
Despois do pleno Iago Toba declarou:“Sorprende que a pesar de ter celebrado coa oposición unha comisión de negociación orzamentaria previa a este pleno, na que a oposición non aportou alternativas, propostas, nin modificacións ao anteproxecto, agora non sexan capaces de votar a favor dos mesmos. Ademais do comportamento reprobable e inadmisible por parte dalgún concelleiro nesa comisión de negociación”.