9.3 C
Santa Comba
viernes, marzo 29, 2024

Ucha Velo:”Volverei a presentarme”

Foto-Arquivo

“Volverei a presentarme e non teño nada que reprochar se a xente non confía a min” afirmou José Antonio Ucha Velo nunha entrevista en Radio Xallas.

Asegura que ten “Plan B e tamén C”, pero quere aclarar a súa situación no PSOE “Eu sigo sendo parte do Partido Socialista.Aínda non me botaron nin creo que me boten Marchareime eu porque como están as cousas non estaría cómodo”.

«EU SIGO SENDO MILITANTE SOCIALISTA»

Nesta liña José Antonio Ucha salientou que “Eu sigo sendo militante do Partido Socialista que abriu un expediente contraditorio. Non se me pode expulsar facilmente, o expediente está caducado.O partido tardou moito en expedientarme”.

O ex-alcalde xalleiro sostén que “tiñamos un pacto e cumprimos escrupulosamente os prazos a pesar de que Barbeira estaba negociando co PP”. Xunto coa “falta de palabra” do anterior mandatario tamén referiuse a mala xestión:”Gastou 1,4 millóns de euros dos aforros dos veciños de Santa Comba e aínda hai facturas que están pendentes”.

No oculta a súa distancia do PSOE:”Se nun partido non che deixan desarrollar as túas conviccións podes cambiar sen ser un chaqueteiro”. 

«CERTAS COUSAS CONSENSÚANSE COMIGO»

Nin tampouco o malestar cos antigos compañeiros do grupo municipal:”Os compañeiros andiveron instigando na miña contra para que se me abrira o expediente”.

Con respecto ao actual goberno que preside María Pose(PP), recoñece que “certas cousas consensúanse comigo”. Como por exemplo actuación do Plan de Obras como as melloras proxectadas na Avenida de Brasil ou en Guisande.

Entrevista a Ucha – Desde o minuto 62

Contrapón esta situación á anterior:“Barbeira non quería consensuar ningunha obra”. Insiste que a do PP era “a única solución que había neste momento” pero que “eu estou na oposición. Estou fora como verso solto”.

E falando do PP declarou:“Antes no PP aplicábase a liña dura e en estar en contra de todo e agora dan algo de cabida para aportar algunha cousa que considero que é boa para o pobo”.

Ucha pensa que “non se constrúe país bloqueando” e advirte que “hai cousas que non vou respaldar nunca”. Sobre o que resta de lexislatura pensa que o que se pode agardar é “populismo e gañar eleccións”, e non aforra críticas ós demais grupo da oposición ós que convida a traballar:”Parece que non hai oposición se non a fago eu”

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos