10.7 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Gonzalo Trenor anima ós veciños de Santa Comba a participar na campaña “Únete ao reto”

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, presentou esta mañá,  acompañado pola alcaldesa de Santa Comba, María Pose, a campaña “Únete ao reto” na que participan 13 concellos galegos co reto de incrementar nun 10% a recollida de residuos do contedor amarelo (envases de plástico, latas e briks). 

Esta é a esencia da terceira edición da campaña de reciclaxe “Únete ao reto” na que están a colaborar os concellos de Ordes, Santa Comba, A Laracha, Sarria, Burela, Chantada, O Carballiño, Verín, Cangas, Moaña, Bueu, Gondomar e Tomiño. 

Trenor destacou que “aínda que o esforzo é moi ambicioso, é posible e materializable, tal e como se demostrou nas anteriores edicións”. Os 13 concellos xa foron capaces de reciclar no pasado ano máis de 1.700 toneladas de envases de plástico, latas e briks, polo que se conseguen o obxectivo común aumentarán nun mínimo de 170 toneladas en total o volume de envases reciclados. 

Nese sentido, animou aos 178.000 veciños destes concellos a seguir participando nesta campaña —que arrincou o 1 de marzo e finalizará o 31 de maio— depositando nos contedores amarelos estes materiais que, tras o seu tratamento, recíclanse e convértense nunha nova materia prima. 

Este esforzo verase recompensado cunha achega de 2.000 euros para doar á causa social que cada concello elixa, polo que reciclar —afirmou o delegado— “ten premio”, tamén porque reducen a súa factura do lixo por bolsa negra, e sobre todo para o medio ambiente, xa que se evita o uso de recursos e extracción de novas materias primas e se aposta pola economía circular, un sistema máis sustentable e respectuoso co planeta. 

Destacou que para lembrar a importancia de reciclar e axitar a conciencia social dos veciños destes 13 concellos participantes, a campaña prevé unha serie de accións coas que comprometer ás entidades locais e aos cidadáns na mellora das cifras de reciclaxe. 

Unha desas iniciativas foi a colocación dun contedor amarelo xigante —construído con madeira reciclada— que é o símbolo da iniciativa. Ademais, estanse a celebrar varias xornadas con animadores para informar á cidadanía, comercio e hostaleiros do reto e da importancia da reciclaxe.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos