5.3 C
Santa Comba
martes, marzo 26, 2024

O PP de Santa Comba celebrará o seu Congreso Local este vindeiro mes de maio

A executiva provincial do Partido Popular aprobou hoxe a convocatoria de oito congresos locais que se celebrarán durante o vindeiro mes de maio, comezando polo que se celebrará en Santa Comba.

Estas son as datas

Santa Comba (11 de maio), Vedra (12 de maio), Ordes (13 de maio), Santiago (14 de maio), Monfero (14 de maio), Ortigueira (18 de maio), Narón (19 de maio), e Noia (20 de maio). 

“A nosa xente está en marcha e activa, e nós sabémolo; o que buscamos con estes encontros é reformar equipos, sumar persoas e encarar as liñas de traballo que seguiremos durante os próximos meses” manifestou na executiva o presidente provincial, Diego Calvo, que engadiu que os populares enfróntanse agora a súa cita máis importante, que son as eleccións municipais do ano 2023. 

Consciente do importante destas eleccións, o titular provincial volveu situar como obxectivo recuperar o goberno da Deputación e mostrouse convencido de que os congresos locais servirán para “colocar aos mellores” ao fronte das agrupacións locais, que a súa vez aglutinarán a moitas persoas con “inquietudes e sensibilidades diferentes, pero cun único obxectivo: traballar polo ben dos seus pobos e dos seus veciños”. 

Neste senso, fixo especial fincapé no lema que encabezou o último congreso provincial do PP da Coruña celebrado no mes de setembro, Seguir para sumar. “Queremos ensanchar o partido, que cada vez haxa máis xente con nós, e que entre todos sexamos quen de axudar aos que peor o están a pasar nesta grave situación de crise económica e social que parece que non ven os dirixentes socialistas”, apuntou. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos