Info- AXEGA 112
un incendio devorou por completo unha vivenda de Coristanco sen que ninguén resultase afectado.
Foron os Bombeiros de Carballo os que contactaron co 112 Galicia para informar dunha intervención no lugar de Portoquintáns a raíz da chamada dunha persoa particular ás 20:30 horas de onte. Deste xeito, o persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia avisou aos membros do GES de Ponteceso, aos axentes da Garda Civil e aos efectivos de Protección Civil de Coristanco.
Unha vez no lugar, os bombeiros confirmaron que a casa ardeu por completo a causa dunha queima nunha lareira que se descontrolou e alcanzou o teito da edificación. Malia os significativos danos materiais, por fortuna, ninguén resultou ferido.