5.7 C
Santa Comba
viernes, diciembre 20, 2024

Localizan en Carballo tres depósitos clandestinos con máis dun milleiro de vehículos para despece

Axentes do Grupo de Medio Ambiente da Policía Autonómica de Santiago de Compostela localizaron no concello c de Carballo tres parcelas con máis dun milleiro de vehículos fóra de uso, algúns deles con máis de dúas décadas dados de baixa.A Policía Autonómica, en colaboración co Servizo de Intervención Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, levou a cabo a inspección de catro fincas -tres delas clandestinas- nas que localizou os vehículos.

Os axentes constataron nas súas inspeccións que o responsable dunha empresa da localidade destinada ao despece de vehículos dábaos de baixa temporal para almacenalos e desfacelos nestes tres depósitos ilegais e clandestinos.

No lugar de descontaminar os vehículos e reciclar os seus compoñentes foron depositados e despezados á marxe da normativa, o que supón un risco para o medio ambiente por falta de control sobre residuos perigosos como aceites e baterías que requiren un protocolo específico para a súa reciclaxe. Nesta liña, a Policía Autonómica localizou tamén numerosos derrames de residuos perigosos, ademais de detectar infraccións polo deficiente almacenamento de residuos.

Pola súa parte, os técnicos do Servizo de Intervención Ambiental da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda realizaron catas para coñecer o alcance da contaminación no medio natural e determinar se existe un delito contra os recursos naturais e o medio ambiente.

A Policía Autonómica denunciou os feitos, que segundo o artigo 84 da Lei 6/2021 de 17 de febreiro, de residuos e solos contaminados de Galicia, recolle sancións de ata un máximo de 1,75 millóns de euros, inhabilitación para o exercicio da actividade e clausura definitiva das instalacións. Ademais, dou conta dos feitos á Dirección Xeral de Tráfico por tratarse a empresa dun centro autorizado de tratamento de vehículos.

FONTE –  XUNTA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos