16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

“A memoria dos lugares” de Santa Comba

– Xosé Manuel Lema-

“A memoria dos lugares”, é un proxecto desenvolvido por Promove Consultoría, con protagonistas dos concellos de Ames, Santa Comba, Teo e Vedra, e co apoio da Deputación provincial coruñesa.

Participan catro xalleiras que achegan cinco “memorias”. Carmen Ameijeiras fala da “fonte santa” de Vilamaior. Concepción Mouro rememora os tempos de eclosión da Mina de Varilongo, e María Pazos comenta anécdotas da actividades dos lavadoiros de wolframio nesta zona e da ponte de San Salvador. E Clotilde Antelo  lembrou os muíños de Ponte Pereira.

A técnica desta iniciativa,Verónica Rodríguez Ruzo, sinala que “o proxecto combina tres perspectivas, a cultural, a social e a turística coa finalidade principal da recuperación da memoria dos lugares a través dos recordas as persoas que habitan eses lugares”.

Nunha entrevista na emisora Radio Xallas destacou que se pretende poñer en valor a “identidade cultural” destas zonas, e valorou o apoio de distintas entidades que cooperaron no proxecto.

Con respecto ao caso concreto de Santa Comba engadiu:“Descubrimos grandes mulleres como as que tedes en Santa Comba”. Segundo Rodríguez “algunha daría para un documental”.

Escoita a entrevista con Verónica Rodríguez- Desde o minuto 61 deste audio

 

AS MEMORIAS DAS XALLEIRAS

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos