14.5 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

“O 90% das empresas que realizan obras e servizos para o concello a través de contrato menor son empresas cuxa sede se atopa en Mazaricos”

Así o declarou hoxe o alcalde de Mazaricos nun comunicado de prensa remitido desde o concello no que considera unha continuidade no apoio firme ás empresas locais.

“Facémolo así porque consideramos que a administración local debe dar exemplo á hora de traballar con empresas de proximidade” comenta Juan Blanco.

O alcalde  lembra que mesmo no caso de empresas e persoas autónomas cuxa sede social non se atopa en Mazaricos pero prestan servizo municipal, “este servizo é prestado en moitos casos por veciñas e veciños do concello”. 

E tamén avanza que o mesmo criterio rexerá “cun dos proxectos máis importantes dos próximos anos en atención social en Mazaricos e a súa contorna”, a Residencia de Pino de Val, xa que  o Concello optou por un modelo de servizo que permitirá promover a contratación de persoas que residen en Mazaricos para ocupar os postos de traballo directos de nova creación”.

E engade o mandatario de Mazaricos:“Nós consideramos que a prestación de servizos, xa sexan obras, atención social ou de calquera outro tipo dentro das competencias municipais, é unha oportunidade en dous sentidos: para ofertar o mellor servizo ás e aos usuarios e para dinamizar a economía local e dar oportunidades laborais á veciñanza”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos