16.4 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Gonzalo Trenor visitou este mércores a escola infantil municipal Santa Comba

O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou hoxe a escola infantil municipal Santa Comba, acompañado pola súa alcaldesa, María Pose, para lembrar que está aberto o prazo para solicitar praza nunha escola infantil da Xunta para o vindeiro curso, o primeiro no que serán 100% gratuítas para todos os nenos; “converténdonos así, na primeira comunidade autónoma cunha educación infantil universal”, precisou. O representante do Goberno galego lembrou que os interesados teñen ata o 8 de abril de 2022.

Trenor subliñou que nun momento en que os galegos teñen que facer fronte a moitas dificultades é unha axuda moi importante que o custe da educación infantil nesta comunidade sexa cero para todos so fillos.  Neste senso, recalcou que para poder garantir esta gratuidade a Xunta reserva un investimento de 30 millóns de euros, para beneficiar a máis de 30.000 familias. O representante do Goberno galego resaltou que no caso da comarca de Santiago ofertaranse un total de 3.763 prazas gratuítas para as familias e na comarca de Bergantiños-Costa da Morte ofertaranse outras 1.024 prazas gratuítas para o curso que vén.

O delegado da Xunta lembrou que con esta medida “a nosa comunidade convértese na única na que un neno pode pasar por todas as fases do ensino, desde infantil ata o bacharelato, sen que os pais teñan que desembolsar nin un só euro”. Trenor recalcou que  “o Goberno galego seguirá comprometido cunha terra con máis oportunidades, con máis servizos e con máis axudas para as familias.” 

Así, a Administración autonómica galega está a levar, por exemplo, unha atención 100% gratuíta aos concellos máis pequenos, co obxectivo de rematar o 2022 con máis dun centenar de casas niño; e foi a primeira en poñer en marcha unha Lei de impulso demográfico que garante, ao máximo nivel normativo, o acceso á educación infantil para todos os nenos.

O representante do Goberno galego agradeceu aos traballadores públicos da Xunta, que fan posible que as familias non teñan que facer ningún trámite adicional para acceder á gratuidade; ás entidades e empresas que xestionan escolas infantís, que coidan e educan os nosos pequenos; e, tamén, aos concellos, que complementan e estenden este servizo de conciliación e agora teñen a oportunidade de ofrecer a gratuidade nas escolas da súa competencia grazas a que a Xunta asumirá o 100% do prezo que antes pagaban as familias e sen ningún custe extra para as arcas municipais. 

Trenor rematou reiterando a petición do Goberno galego ao Goberno de España para que cofinancie a gratuidade da educación infantil, tal e como se comprometeu ao comezo da lexislatura.

FONTE-XUNTA DE GALI CIA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos