12.4 C
Santa Comba
miércoles, septiembre 4, 2024

Luz verde para a construción dun Skatepark no concello da Laracha

O Concello completou a tramitación administrativa do procedemento de contratación do proxecto de construción do parque de patinaxe Skatepark coa formalización do contrato por parte do alcalde, José Manuel López Varela, e do representante da empresa adxudicataria, Zona de Obras O Rosal S.L.

Nos próximos días comezarase a executar este ambicioso proxecto no que o Concello investirá 155.000 euros procedentes integramente de fondos propios municipais coa finalidade de ofrecer unha nova alternativa para o ocio e a práctica deportiva especialmente dirixida ao público adolescente e xuvenil. 

O lugar escollido para habilitar este novo equipamento deportivo de titularidade municipal e de uso libre é na parte posterior do IES Agra de Leborís, onde o Concello está a crear una nova área deportiva de referencia na capital municipal, xa que este lugar dispón dunha pista polideportivas de recente construción

O Skatepark disporá de diferentes tipos de planos inclinados e costas para ofrecer un amplo abano de posibilidades de movementos, piruetas e acrobacias para as diversas disciplinas. Contará, ademais, cunha fonte de auga potable e iluminación en báculos e proxectores simétricos LED, polo que o proxecto contempla as correspondentes canalizacións dos servizos de abastecemento e electricidade, ademais da recollida de pluviais para evitar a acumulación de auga de choiva na pista. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,300SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos