8.7 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Reclaman o servizo de matronas no Centro de Saúde de Mazaricos

Nota de prensa remitida polo concello de Mazaricos

O Concello de Mazaricos acolleu no mediodía de onte, 21 de marzo, a presentación do Plan de Saúde Local de Mazaricos e Santa Comba a cargo da xerente da Área Sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez; a xefa de servizo de Atención Primaria de Santa Comba, María Dolores López, e Felipe Calle, director de Atención Primaria na área sanitaria. No encontro, ao que asistiron representantes do Concello de Mazaricos como o alcalde, Juan Blanco, así como varios dos concelleiros e técnicos municipais, a responsable de Servizos Sociais, Sandra Alvite, trasladou a reclamación de que se estableza un servizo de matrona no Centro de Saúde de Mazaricos

Alvite Ferreiro sinalou que “non é lóxico que as mulleres de Mazaricos teñan que facer un desprazamento de máis de 40 minutos ao Centro de Saúde de Muros para someterse a revisións xinecolóxicas rutinarias”. A concelleira engadiu que “é fundamental que as mulleres embarazadas de Mazaricos poidan facer un seguimento axeitado do seu estado, incluíndo a preparación do parto, sen ter que facer estas viaxes”. 

Mazaricos, pioneiro no Plan de Saúde Local

Mazaricos e Santa Comba serán a área de establecemento dun dos tres Plans de Saúde Local que a Área Sanitaria de Santiago e Barbanza desenvolve. Estes programas procuran mellorar a eficiencia da atención sanitaria en base á mellora da satisfacción de pacientes e profesionais da saúde. Terá en conta os retos asistenciais causados pola situación demográfica de municipios como Mazaricos e o impacto da pandemia. O Plan fai fincapé na promoción da saúde, a prevención e a participación comunitaria. 

Deste xeito, Mazaricos será un concello pioneiro nos Plans de Saúde, que requiren dun notable nivel coordinación e traballo en equipo entre administración local e sanitaria. Neste sentido, o alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, comprometeu o esforzo do Concello e a colaboración institucional necesaria para velar pola saúde e os servizos públicos das veciñas e veciños do municipio. Igualmente, o rexedor agradeceu ás representantes do Sergas que o Plan teña en conta a realidade demográfica mazaricá.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos