21.2 C
Santa Comba
miércoles, mayo 7, 2025

O Asalto ó Castelo, Festa de Interese Turístico Galego

Sen dúbida unha excelente noticia para Vimianzo e para toda a comarca.O Asalto ó Castelo de Vimianzo vén de conseguir a catalogación de Festa de Interese Turístico Galego, logo de contar co informe favorable por parte do Consello da Xunta de Galicia. Así o informaron desde o concello de Vimianzo. Unha  declaración que se concreta no 25 aniversario deste evento

 Mónica Rodríguez:»Moitos son os colectivos implicados»

“Moitos son os colectivos implicados en que hoxe, xoves 17 de marzo, isto sexa posible”, anota a alcaldesa, Mónica Rodríguez, “a destacar Cherinkas e Axvalso, a veciñanza, o equipo humano dos departamentos de Turismo e Cultura do Concello de Vimianzo e tamén á hostelería local, moi implicada no noso Asalto cos pinchos irmandiños”.

A solicitude formalizouse en xullo de 2019. E agora a aspiración convértese nunha realidade.A partir de agora, poderá acceder a axudas para impulsar a súa promoción e contribuir a reforzar a autenticidade de Galicia como destino. 

Como lembran desde o concello “O Asalto ao Castelo de Vimianzo é unha singular festa que se celebra o primeiro sábado de xullo desde hai máis de dúas décadas. Unha celebración que nacía no seo dunha asociación de amigos e que pouco a pouco involucrou a toda unha vila e comarca”.

O Asalto inspírase na Gran Guerra Irmandiña que comezou en 1467 en toda Galicia, momento no que o pobo se ergueu contra o poder abusivo dos señores feudais. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos