16.8 C
Santa Comba
domingo, septiembre 29, 2024

Festa do Bolo do Pote de Mazaricos, exitosa e descentralizada

Preto de 400 persoas desfrutaron da XXIII edición da Festa do Bolo do Pote de Mazaricos, que se celebrou este domingo, 6 de marzo. Nesta ocasión, e debido á situación epidemiolóxica, a festa celebrouse exclusivamente en varios locais de hostalaría do municipio, a fin de evitar grandes aglomeracións. 

O concelleiro de Promoción Económica, Jorge Sanmartín, valorou positivamente esta edición atípica, a primeira celebrada dende que comezou a pandemia de COVID-19 . “A pesar das medidas especiais con que se celebrou esta festa, rexistrouse unha asistencia que amosa que a nosa gastronomía segue xerando interese e que durante todos estes anos creamos unha grande afección por este prato”, asegurou o edil. Sanmartín agradeceu a todos os locais participantes a súa implicación na festa e ás persoas asistentes “seguir apostando polo noso, polos nosos sabores”. 

Foron oito os establecementos hosteleiros que participaron nesta edición: Restaurante O Verxel, Asador Manduca, o Restaurante EFE-EME, a Pizzería Pinocchio, Casa Jurjo, Campamento Corzón e Casa Pego, coa colaboración de Casa Senra. O menú incluía bolo do pote, cocido, postre, viño e café. 

NOTA DE PRENSA CONCELLO DE MAZARICOS

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos