14.9 C
Santa Comba
lunes, marzo 27, 2023

Os socialistas de Vimianzo celebraron a súa asemblea coa vista posta nos vindeiros comicios municipais

O PSdeG-PSOE de Vimianzo celebrou esta tarde unha Asemblea extraordinaria para renovar a executiva local. Este acto sirve como «pistoletazo de saída á etapa preelectoral, para a que tan só quedan quince meses», apunta Paula Mouzo, Secretaria Xeral, que repite no cargo.

Nesta ocasión o PSOE volverá a cita electoral de 2023 como partido de goberno:”Dende o concello seguimos a traballar para que os veciños e veciñas vexan que esa confianza está ben depositada, seguimos a traballar polo ben da veciñanza das nosas catorce parroquias», apuntou Mónica Rodríguez, alcaldesa e recentemente elixida Vicesecretaria Xeral da Agrupación. 

Ademais da alcaldesa, tamén se suman ao proxecto o tenente de alcaldesa, Víctor Muíño, e a Concelleira de Cultura, Rosa Blanco.Como aposta xuvenil, incorporase a Politóloga, Sheila Rial, nova integrante da Agrupación, que ocupará a Secretaría de Participación, Mocidade e Comunicación.

Así, a Comisión Executiva Municipal de Vimianzo queda configurada da seguinte maneira:

1.         PRESIDENTE: JOSÉ VÁZQUEZ PÉREZ.

2.         SECRETARIA XERAL: PAULA MOUZO MACEIRAS.

3.         VICESECRETARIA XERAL: MÓNICA RODRÍGUEZ ORDOÑEZ.

4.         SECRETARIO DE ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN: JAIME VIDAL VIDAL.

5.         SECRETARIO ADXUNTO Á ORGANIZACIÓN: VÍCTOR MANUEL MUIÑO RAMOS.

6.         SECRETARIA DE IGUALDADE E MOVILIZACIÓN: MARÍA MAGDALENA RIAL SOUTO.

7.         SECRETARIO DE POLÍTICA MUNICIPAL: JOSÉ ANTONIO MIÑONES RIVEIRO.

8.         SECRETARIA DE PARTICIPACIÓN, MOCIDADE E COMUNICACIÓN: SHEILA RIAL MATA.

9.         SECRETARIO DE EMIGRACIÓN E MEMORIA DEMOCRÁTICA: MANUEL DE LA FUENTE VAZQUEZ.

10.      SECRETARIA DE CULTURA, TURISMO E ASOCIACIONISMO: ROSA BLANCO LEMA.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos