3.4 C
Santa Comba
sábado, diciembre 14, 2024

O proxecto “Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño” entra na súa segunda fase

O Equipo de Innovación Educativa  (Plan PROXECTA+) do C.E.I.P. “Barrié de la Maza” de Santa Comba,  lanzou a segunda fase do proxecto “Arrólame paseniño, arrólame un pouquiño” a través dunha performance que se celebrou o pasado venres no centro escolar.

Xa se pode visitar a páxina web do centro e premendo na lapela do proxecto, visualizar todas as actividades que se fixeron ata o de agora e as que están por vir.  Como nos informa a coordinadora do proxecto, Olaia Novo, “tamén atoparedes un titorial para enviar os vosos arrolos”.Lémbranos que a recepción de arrolos e cantos de berce está aberta a toda a comunidade educativa: alumnado, familias, equipo docente e non docente…

Entruido Xalleiro

Todo isto nunha semana que foi moi intensa no CEIP Plurilingüe Barrié de la Maza.Por unha banda, o Equipo de Dinamización da Lingua Galega organizou unha evocación do antigo Entruido Xalleiro cun mural que recolle unha recopilación de fotografías aportadas polas familias e docentes de como se celebraba o entroido nas diferentes parroquias de Santa Comba e na emigración. 

Non faltaron tampouco os mandadiños da Meca que culminaron o venres 25 de febreiro, cun desfile que rememorou como se corría o Entruido noutros tempos no noso concello: muiñeiras, cancións, folións, xoves de compadres/comadres, etc. 

Acompañado por un espectáculo da compañía Cachirulo Teatro chamado “As xeneralas da Ulla”. Cada clase representou a unha parroquia de Santa Comba que desfilou para todos os compañeiros.

A comunidade educativa celebrou tamén a vida e obra de  Rosalía de Castro cun mural-collage elaborado por educación infantil e primeiro ciclo de educación primaria. O segundo ciclo de EP realizou un obradoiro de poesía da autora e o terceiro ciclo fixo un rap, con base trap, a partir de fragmentos da súa lírica. Todo isto quedou rexistrado na radio escolar e  na páxina web do centro.


  

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos