6.2 C
Santa Comba
lunes, abril 1, 2024

Convenio entre o concello de Dumbría e XEAL

O alcalde de Dumbría, José Manuel Pequeño, e a Directora Corporativa de Xallas Electricidad y Aleaciones, XEAL, María Couto, reunironse este xoves, 24 de febrero, para firmar un convenio de colaboración para a financiación das obras de mellora e acondicionamento do “Camiño de Xestosa”, nun acto que se celebrou no Concello da localidade. 

Segundo informan desde o concello “XEAL aportará 40.000 euros para financiar as actuación necesarias para mellorar a funcionalidade do camiño rural, a súa seguridade e, no seu conxunto, acadar un mellor acondicionamento do entorno sobre o que se implanta e permitir o tránsito seguro polo mesmo en interés xeral dos cidadáns”.

Nunha nota de prensa as mesmas fontes sinalan que “esta colaboración responde ao interés da compañía de crear un valor compartido que asume a través do desenvolvemento responsable das súas actividades de acordo co compromiso de sostenibilidade 2030 e a súa política ASG”.

José Manuel Pequeño, alcalde de Dumbría, afirmou que “este tipo de colaboracións son moi importantes tanto para o Concello como para os seus veciños e veciñas e neste caso particular contribuirá a mellorar a seguridade dos veciños no tránsito por esta vía”. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos