17.8 C
Santa Comba
domingo, octubre 6, 2024

Proxectan unha Residencia da Terceira Idade no antigo CEIP Pino de Val

O concello de Mazaricos solicitará á Xunta de Galicia a desafectación do edificio do antigo CEIP Pino de Val para promover a creación dunha Residencia da Terceira Idade neste inmoble.

Así o aprobou, por unanimidade, a corporación municipal en pleno. Segundo fontes municipais “este proxecto de residencia contará con capacidade para dar servizo a 50 persoas usuarias e significaría a creación de aproximadamente 30 postos de traballo directos e indirectos”.O edificio tamén acollerá un local para uso veciñal.

O alcalde de Mazaricos, Juan Blanco, e a concelleira de Servizos Sociais, Sandra Alvite, levaron a cabo nos últimos meses varias visitas para coñecer as experiencias doutros concellos galegos, caso de Silleda ou Boimorto, valorando distintas fórmulas para o desenvolvemento dunha residencia. 

“O noso proxecto conta cun plan realista de financiamento que non depende de administracións externas”, sinala Sandra Alvite. A concelleira engade que “evidentemente, o lóxico sería contar co apoio e o investimento da Xunta de Galicia, dado o carácter estratéxico deste proxecto”.  En todo caso, o Concello de Mazaricos, unha vez desafecto o edificio, conta con capacidade para levar a cabo este proxecto polos seus propios medios, asegura Alvite, polo que “será unha realidade en canto dispoñamos das instalacións”.

O obxectivo é que a residencia estea operativa durante o 2023.“Nos últimos anos fixemos unha importante aposta por este sector, incrementando progresivamente a partida orzamentaria destinada ás persoas maiores do municipio. O noso obxectivo é que calquera persoa dispoña do máximo de opcións posibles sen ter que afastarse da súa casa, e este é un servizo clave” apunta o rexedor, Juan Blanco.  

Desde o concello destacan o servizo de Axuda no Fogar que atende a un cento de persoas e a existencia de dúas Casas do Maior.Ademais, dende o inicio da pandemia, “o Concello puxo a disposición das persoas con dependencia outros servizos como rehabilitación cognitiva a domicilio, impartido por un terapeuta ocupacional; ou rehabilitación física a domicilio, impartido por un fisioterapeuta. Estes profesionais desprázanse ao domicilio do usuario 2 días á semana para realizar as terapias oportunas. Este servizo é totalmente gratuíto para as persoas usuarias. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos