12.4 C
Santa Comba
miércoles, marzo 29, 2023

Muxía aprobará o POS + 2022 este mércores

Este mércores 23 de febreiro, ás 20h, terá lugar un pleno no que se aprobará o POS+ 2022, que estaba pendente ante o risco de que se poideran perder fondos.

“Estamos contentos porque, a pesar do esforzo extra que tivemos que facer desde o grupo de goberno, sabemos que este plan de obras é o que Muxía necesita e é unha tranquilidade enorme que finalmente saía adiante” comentou o alcalde Iago Toba.

Reproches á oposición

A pesar da abstención anunciada polo Partido Popular que facilitará a luz verde o Plan de Obras, o mandatario volveu a reprochar a actitude de PP e non adscritos:”Ao final demostrouse, unha vez máis, que o único que pretendeu a oposición durante este tempo foi enturbar e bloquear as melloras que Muxía necesita para progresar. Tras semanas de loita e moito traballo por parte deste grupo de goberno, ao final volvemos ao punto de partida para aprobar o noso POS”.

Segundo confirman fontes do goberno socialistas “na comisión informativa tamén chegouse ao acordo de que as obras propostas pola oposición no POS alternativo falido, incluiranse no Plan Único complementario”.

Obras fundamentais

O executivo muxián considera “fundamental para o progreso na calidade de vida da veciñanza do noso rural” que se aproben investimentos nas zonas de  Martineto, Buiturón, Figueroa e Bardullas e outros núcleos rurais como O Castro ou San Martiño, entre outros.

Opinan ademais que “en ningún momento tiveron que pasar por tantas trabas e dúbidas para ser aprobadas, xa que consideramos que son melloras básicas e polo tanto de responsabilidade común aprobalas”.

Pódeche interesar

DEIXAR UNHA RESPOSTA

Introduce o teu comentario.
Insira aquí o teu nome
Captcha verification failed!
A puntuación do usuario captcha fallou. póñase en contacto connosco!
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansGóstame
1,661SeguidoresSeguir
1,839SeguidoresSeguir
1,090SuscriptoresSuscríbete

Últimos artigos