Esta fin de semana a localidade de Santa Comba será protagonista por distintos motivos.
O venres 25, a Avenida Alfonso Molina será escenario dunha meta volante da volta “O Gran Camiño” (sobre as 11:45 h). A serpe multicolor chegará da Baña desde Failde para atravesar a arteria principal da capital xalleira e desviarse pola rúa María Pita cara a Coristanco.
O sábado 26, celébrase a Solidaria Xalleira de Entruido, organizada polo club de atletismo CorreXallas, coa colaboración do concello.
Ás 11,30 será a carreira absoluta 3 K e a partir das 12 as restantes. Os participantes deberán entregar un alimento non perecedoiro ou algún produto de aseo persoal para doar aos servizos sociais municipais.Anímase a acudir disfrazados. Para inscribirse 686.666.784( Whatsapp).
E o domingo 27 de febreiro, o recinto feiral xalleiro acollerá unha festa de “ Entroido”. Haberá filloas gratis(13:00 h), música de orquestra Unión y Fuerza e concurso de disfraces (17:00 h).Repartiranse 1.500 euros en premios. Para concursar acceder á web municipal www.santacomba.es