21.2 C
Santa Comba
jueves, mayo 8, 2025

Núñez Feijóo reuniuse coa alcaldesa de Santa Comba para tratar distintos asuntos

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, mantivo un encontro en San Caetano, coa alcaldesa de Santa Comba, María Pose, para tratar distintos asuntos.

Segundo informaron desde o goberno galego “Feijóo trasladoulle á rexedora que está previsto que este mes o Consello da Xunta aborde a execución da senda peonil na marxe dereita da AC-404, na contorna de A Ponte e Santa Catalina”.

Esta semana publicouse a aprobación do proxecto que suporá un investimento de 155.000 euros.A actuación consistirá na construción dunha senda peonil, dunha lonxitude de 450 metros e 1,8 metros de ancho, separada da estrada por un bordo e unha gabia de seguridade de 1,20 metros.

Alto do Paofito

O Presidente da Xunta tamén informou que a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) está a tramitar a licitación da redacción do proxecto para acondicionar o treito do Alto do Paofito na AC-406.

Nesta xuntanza tamén se analizou  o proxecto de acondicionar unha edificación como residencia de maiores e a posibilidade de incluír un centro de día nesa instalación. Podería obter ata 1, 5 M€ de financiamento do Mecanismo para a Recuperación e Resiliencia.

En materia sanitaria, logo de salientar que o ano pasado o centro de saúde da localidade recibiu un ecógrafo, desfibrilador, electrocardiógrafo e espirómetro dentro dos investimentos do Plan de Atención Primaria, Feijóo avanzou que se estudará a opción de dotar o centro dun aparato de raios X.

Para concluír, o presidente da Xunta e a rexedora municipal analizaron a evolución do proxecto para reparar a climatización da piscina, que conta xa con financiamento da Secretaría Xeral para o Deporte.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,160SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos