12 C
Santa Comba
viernes, abril 18, 2025

O PSOE de Santa Comba pide que se conte coa súa opinión para os plans de obras

O PSOE de Santa Comba presentou un escrito para pedir “que o equipo de goberno actual teña en consideración a porcentaxe de votos que representamos nesta corporación, para a aprobación de asuntos tan relevantes como é neste caso a aprobación do POS+ e o POS+ adicional”.

Os socialistas afirman que “non se contou con este grupo para participar na toma de decisións nin consensuar os contidos de ambos plans, sen terse convocado as pertinentes comisións informativas”.Critican que este pleno se celebrara con urxencia “sen opción a debate” e que tampouco se consensuara a hora de celebración do mesmo.

Para expresar a súa queixa optaron por abandonar o pleno (crónica pleno) despois da intervención do portavoz Carlos Turnes:“O equipo de goberno actual decidiu non ter en consideración a porcentaxe de votos que representamos nesta corporación para a aprobación de asuntos tan relevantes” dixo o edil socialista.

Charla informativa

O PSOE organiza o vindeiro martes 15 de febreiro unha charla informativa sobre as subvencións de concurrencia competitiva da Deputación coruñesa.Será as 21h na aula 10 do edificio Multiusos xalleiro.

 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,150SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos