O alcalde de Dumbría,José Manuel Pequeño Castro, e Carlos González Patiño, Delegado rexional Noroeste (Galicia e Asturias) de Red Eléctrica S.A.U., asinaban na casa consistorial un convenio de colaboración para a promoción do Gran Fondo Ézaro Fin do Camiño.O día 10 de xullo celebrarase a 8ª edición desta proba, coa que Red Eléctrica vén colaborando desde o seu nacemento.
O alcalde fíxolle entrega a González Patiño dunha réplica da Pedra Cabalgada do Brazal, escultura que foi empregada por primeira vez en 2012 como trofeo de La Vuelta, que tivera como final de etapa o miradoiro do Ézaro.Tamén lle entregou un exemplar do libro “Monte Pindo. Historias e lendas do Olimpo Celta, obra da ilustradora Laura Suárez.
Pequeño quixo recoñecer a boa relación institucional existente con Red Eléctrica, con quen xa asinara o pasado ano un convenio para a renovación dos proxectores da iluminación ornamental do acceso á Fervenza do Ézaro, con alumeado de eficiencia enerxética, e a doazón de ordenadores portátiles que esta empresa fixo ás aulas de informática municipais.
Nota de prensa do concello de Dumbría