10.4 C
Santa Comba
domingo, noviembre 3, 2024

Os non adscritos de Ponteceso insisten que Carballido é “incapaz de chegar a acordos” e non quere dialogar

Nota de prensa dos seis concelleiros non adscritos de Ponteceso

Os non adscritos non estamos dispostos a perder o POS 2022 pese a ser ignorados polo grupo de goberno completamente, pese a manternos a marxe de todo tipo de negociacións tan anunciadas na prensa para limpar a imaxe de Lois Carballido, presentan unha alternativa con 6 apoios confirmados e consensuados para non deixar ao Concello sen subvencion un ano máis. 

Visto que o Alcalde é incapaz de chegar a acordos, pecha portas sen nin se quera intentar o diálogo e prioriza o seu ego antes de o benestar da veciñanza consideramos que a nosa proposta debe terse en conta para acadar os 463.231,73€ .

Nesta proposta a obra que se inclúe e a de «abastecemento e saneamento de Lestimoño e a Bouza».Centrándonos en proporcionar servicios básicos a núcleos rurais que a estas alturas ainda carecen de saneamento, porque todos os veciños teñen dereito. E esta obra é moi necesaria xa os veciños deste núcleo teñen pésimas instalacions para os traslados a pe entre veciños e ata o centro do municipio. Unha obra que leva moito tempo anunciada e agora parada porque de unha vez que se faga o ideal é que sexa con todos os servicios básicos ( saneamento, tubos para telecomunicacions, etc) e non ter que romper dentro de dous anos o feito.

En canto aos dous millons dos cales se falou nos medios, é curioso como se pode chegar a xogar cos veciños e cos autónomos. A uns para venderlles fume e aos outros para adicar os cartos que lles debe o Concello e enterralos en obras, porque está claro que as obras dan mais votos e que o Concello adquira outro crédito para pagar as facturas, diso mellor que non se entere ninguén. O goberno elixe seguir aumentando a débeda, xa que o Concello ten un crédito de mais de 1 000.000 €,por pagar,e o alcalde prefire aumentalo en lugar de empregar o remanente en pagar as facturas  entre elas as dos autónomos,q parece q agora non lle preocupan, e así evitar pedir outro crédito máis o banco,xa q non fai falta.

Pedismoslle ao goberno que deixe de xogar cos veciños,que fale claro e que deixe de vender fume. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,320SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos