17.9 C
Santa Comba
domingo, julio 3, 2022

Muxía celebra este mércores un pleno para tratar sobre un POS que Iago Toba considera “vital”

“Neste POS incluímos todas as demandas e peticións por parte dos grupos da oposición, cumprindo o requisito que se puxo desde a mesma oposición, para que poida saír adiante este plan de obras tan necesario e importante para a nosa vila” afirma o alcalde de Muxía, Iago Toba, antes do pleno deste mércores.

O mandatario anunciou que o Plan de Obras contará co apoio do BNG.En relación á proposta do goberno destina máis de 80.000 euros a gasto social e unha partida de 61.336 euros a gasto corrente. No apartado de investimentos destínase uns 190.939 euros para mellorar o lugar de Sorna. Tamén hai actuacións previstas en Figueroa(45.000 euros), Martineto(48.000 euros), Frixe (107.000 euros), Buiturón (39.000 euros), ou Bardullas(59.000 euros).

O equipo de goberno proporá tamén o acondicionamento viario en varios puntos da localidade co cargo ao complementario deste POS+2022 de Deputación da Coruña que suma un total de 339.812 euros.Deste xeito, proponse o acondicionamento e mellora viaria en Armear – Os Muiños; en Os Pasantes – Fumiñeo; en Quintáns – Praia do Lago; en Suxo – Pardiñas; en Vilardouteiro-Castro; en Coucieiro – Trasufre; en Viilarbello- acesoo a Morquintián, así como a futura inclusión da depuradora de Quintáns.

Tras o sesión informativa, o alcalde Iago Toba, destacou que “este POS é vital para o futuro de moitas das obras e melloras que necesita Muxía, sobre todo no noso rural. Desde este goberno seguiremos traballando en positivo e coa vista sempre na mellora da calidade de vida da nosa veciñanza”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
462SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos