10.9 C
Santa Comba
martes, enero 21, 2025

Continúan as tarefas de vixilancia para evitar que se propague o lume na nave incendiada en Santa Comba

Informa-AXEGA 112

Aínda que os Bombeiros deron por controlado o incendio ás últimas horas da tarde pasada, as tarefas de extinción, polo momento, non se deron por rematadas.De feito, os Bombeiros do Xallas, tras indicar que a nave afectada ardera na súa totalidade, indicaron tamén que o teito colapsara, o que provocaba risco de derrube en moitas das zonas afectadas.

Así, aseguraban que pequenos focos con lume seguían activos, pero deberían terminar de arder para poder dar por rematada a extinción coa máxima seguridade.Por iso, durante a noite un retén de Bombeiros e de Protección Civil vixiaron a zona para evitar que eses focos se reproduciran.

Cómpre sinalar, que ademais dos Bombeiros de Santa Comba e dos efectivos de Protección Civil, sumáronse ao operativo activado desde o 112 Galicia nada mais recibir as primeiras chamadas dos distintos particulares que alertaban dunha intensa fumareda no Polígono de Catro Ventos de Santa Comba, minutos antes das once da mañá deste pasado luns, os Bombeiros de Carballo e de Cee, os membros do GES de Brión, o persoal de incendios forestais con distintos equipos de extinción, os axentes da Garda Civil e da Policía Local.

Igualmente, cunha cisterna con capacidade de 25.000 litros de auga, tamén se desprazaron os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) co fin de prestar apoio aos profesionais de extinción para atallar o lume o antes posible.

FOTO-CONCELLO DE SANTA COMBA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,070SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos