18.3 C
Santa Comba
jueves, marzo 21, 2024

Carballido:”Ou se aproban ou se rexeitan os cartos. É a última oportunidade que temos”

O alcalde de Ponteceso, Xosé Lois García Carballido, lembrou que o pleno que se celebrará este xoves “é o único pleno que se vai a facer” e polo tanto “se non se aproba perdemos outra vez o Plan Único da Deputación. 

Facía estas declaracións nun vídeo difundido por Facebook despois da comisión informativa onde os grupos da oposición optaban pola abstención. Carballido enumeraba as propostas, afirmando que recollen as petición de PP e APIN, que cifra en 2.354.098 euros..

 

O alcalde difundía esta relación de obras:

1. Dotación de redes separativas de saneamento na rúa Xeneral Mourelle e outros (Corme Porto). Separar as redes pluviais no centro de Corme para evitar que inunden a Ribeira e vaian á depuradora, augas limpas.

2. Novo colector da intercepción da rede de pluviais en Ponteceso e mellora da drenaxe do xuncal. Recoller as augas da Trabe cara a Ferradura, evitando que baixen á Avenida Eduardo Pondal, e reparación da comporta da Ferradura, hoxe afundida.

3. Primeira fase do saneamento de Anllóns.

4. Aceras en Pazos de Arriba dende o cruce na estrada que vai a Xornes por Casas do Monte, dirección Buño.

5. Sistema de eliminación de cheiros na depuradora de Ponteceso, e mellora da depuradora de Pazos, con telexestión e novos mecanismos.

6. Abastecemento integral de auga a todos os lugares de Langueirón, continuando a traída municipal dende Vilasuso de Tallo.

7. Saneamento integral de Carballido, na parroquia da Graña.

8. Mellora das pistas das parcelarias de Pazos e Cores-Nemeño.

9. Adquisición por expropiación ou compra, dos terreos do Parque das Bouzas I, situados xunto a depuradora de Ponteceso ata o Rego que separa A Trabe de Ponteceso.

10 . Saneamento e abastecemento á Bouza e Lestimoño, por baixo das novas aceras da estrada da Deputación Provincial da Coruña.

11. Mellora de camiños de Nemeño a Brántuas polos Ánxeles, arranxo da rúa do Toural en Corme Aldea, e arranxo das escaleiras da Arnela á Paxariña en Corme Porto.

12. 74.394,05 euros para gasto social en dependencia.

13. 279.702,58 euros para os servizos básicos en todas as parroquias, como alumeado, recollida de lixo, limpeza viaria ou reparación de rúas e camiños.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos