9.8 C
Santa Comba
jueves, noviembre 14, 2024

Os equipos de emerxencias dan por controlado o incendio que devorou por completo unha nave e puxo en perigo unha segunda en Santa Comba

-Info AXEGA 112

Os equipos de emerxencias dan por controlado o incendio que devorou por completo unha nave e puxo en perigo unha segunda en Santa Comba
Os equipos de emerxencias dan por controlado o incendio declarado no Polígono Catro Ventos de Santa Comba e centran os traballos en minimizar os efectos do lume, que xa calcinou unha nave e ameazou unha segunda.

Así, os bombeiros retiraron a un campo próximo boa parte do contido da segunda nave, destinada a almacenaxe de pacas de herba seca e fertilizantes, para manter lonxe do lume estes produtos químicos e salvagardar, así, a seguridade de bens e persoas. Con todo, o lume xa causou dous feridos, que presentaban síntomas de intoxicación por fume e un golpe na cabeza, respectivamente.

O 112 Galicia tivo coñecemento deste suceso preto das once desta mañá cando comezaron a recibirse diversas chamadas de persoas particulares alertadas por unha intensa fumareda no Polígono Catro Ventos de Santa Comba. Efectivamente, un incendio nunha nave de recollida e tratamento de residuos motivou a activación dun operativo, que se iniciou cos Bombeiros de Santa Comba, pero ao que se foron sumando máis medios debido á magnitude do lume. Así, acudiu ao punto persoal dos parques comarcais de bombeiros de Carballo e Cee, asi como membros do GES de Brión e os técnicos do Grupo de Apoio Loxístico (GALI) da Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) cunha motobomba con capacidade para 25.000 litros. Tamén foron mobilizados equipos de extinción de incendios forestais e axentes de seguridade local e Garda Civil e voluntarios de Protección Civil.

Sen embargo, a rápida acción do lume fixo que a primeira nave colapsase axiña, ardese por completo e puxese en perigo unha segunda instalación. Deste xeito, os equipos de emerxencias pasaron a centrar os esforzos en reducir os efectos do incendio na segunda nave, onde se gardan pacas de herba seca e fertilizantes. Precisamente, son estes produtos químicos os que cómpre manter arredados do lume, por iso, os bombeiros retiraron boa parte do combustible -as pacas de herba seca- para un campo próximo.

FOTO CONCELLO DE SANTA COMBA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,330SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos