Nota de prensa remitida polos concelleiros non adscritos de Ponteceso
O goberno e o diario amigo seguen enganando aos veciños.MINTEN.
1. Os non adscritos foron convocados a unha reunión, a cal era concretada sen diálogo e sin tan sequera 24h antes ao mais puro estilo»eu mando e ordeno» polo cal lle responden que non poden acudir pero que sí mostran interés nun consenso de obras e suxiren que se convoque con tempo suficiente para que todo o pleno poida acudir. Sendo coñecedores (xa se encarga Carballido de anuncialo na prensa)de que levan un mes con reunións e convocatorias de unha semana para outra. Cando non se quere, non se quere.Isto non sae porque non interesa.
2.As bases do POS están publicadas dende hai dous meses e 10dias antes acórdanse de convocar aos non adscritos.Ese é o diálogo do que tanto se fala.
3. Aparecen 2 millóns de euros que tanto goberno como oposicion guisan, das cales os non adscritos non teñen conocemento pese a ser o 46% dos representantes dos veciños.
4. Os non adscritos presentarán as súa proposta para o POS anticipando que, con só un apoio máis no pleno se acada a maioría plenaria e os veciños serán os beneficiados do POS. Esas propostas estarán centradas nos maiores do municipio, no pago a proveedeores que sae a luz só cando interesa e en servicios esenciais.
5. É curioso ver como saen cifras diversas desde 443.000€ que son os do POS 2022, ata 800.000€ que deixa o Alcalde para as obras da oposición ata os 2 millons que aparecen ahora coma se nacesen na horta.
Que maneira de enganar e atordar aos veciños!!!