16.7 C
Santa Comba
jueves, septiembre 21, 2023

Rescatan no Pindo a un home falecido tras caer despois de sufrir unha indisposición

Info- AXEGA 112

Dúas aeronaves foron derivadas ao punto, unha co seu equipo médico e outra do Servizo de GardaCostas de Galicia, para rescatar ao varón.  Unha persoa particular, que se identificou como familiar foi quen ao fío da unha deste mediodía, chamou ao 112 Galicia para pedir axuda. Indicaba que o home caera tras sufrir unha indisposición e que levara un golpe, mentres baixaban dende o Monte Pindo cando se dirixían cara a aldea do Pindo, nunha zona de difícil acceso para os vehículos, en Carnota.

Con estes datos, desde o 112 Galicia informouse ao servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, que desprazou ao punto o helicóptero medicalizado con base en Santiago co seu equipo médico. Do mesmo xeito, foron informados os Bombeiros de Cee, os membros do GES de Muros, os axentes da Garda Civil e da Policía Local e os efectivos de Protección Civil da localidade.

Pese aos intentos, nada máis localizar á persoa, os servizos de emerxencias alí desprazados, así como o equipo médico do helicóptero medicalizado que tomou terra nunha zona moi próxima, nada puideron facer por salvarlle a vida.

Con todo, debido á zona onde se atopaba o falecido, foi precisa a intervención do helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia para facer o rescate do varón.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos