Aprobadas dúas mocións do PSOE e outra do PP.
Santa Comba celebrou o seu pleno ordinario do mes de xaneiro. Aprobouse a modificación da ordenanza reguladora de servizos culturais, coa intención de «buscar uns prezos asequibles e facilitar o pago» segundo explicou a concelleira de Cultura, Cristina Fajín.Votou a favor PP, os non adscritos Ucha e Fajín e abstivéronse os edís do PSOE e de Compromiso. Por unanimidade deuse luz verde ao regulamento do rexistro de asociacións.
Tamén saíu adiante o apoio e recoñecemento do concello á «Vía Céltica» co compromiso de velar pola protección, o estudio e a divulgación da mesma. «Imos seguir aportando o noso grao de area» precisou a alcaldesa, María Pose xa que «falamos dun camiño de peregrinación cunhas bases documentadas».
Carlos Turnes(PSOE) pediu que o texto fora «un pouco máis explícito» e David Barbeira «que non sexa unha manifestación de intencións e todo quede en nada».
Emenda de Ucha
O concelleiro José Antonio Ucha plantexou unha emenda para eliminar unha parte do texto, xa que entende que se debe impulsar a creación dun Patronato ou Fundación «que garantice que se fiscalice o diñeiro» implicando ós concellos afectados:»Non se pode dicir que damos todo o apoio sen unha forma xurídica» apuntou.Aprobouse e emenda por unanimidade.
Moción do PSOE sobre proxectos eólicos
Tamén toda corporación votou a favor da moción do PSOE, defendida por Blanca Ruzo, para dotar de recursos económicos ós posibles recursos relacionados cos proxectos eólicos.»Isto xa se está facendo. Estamos utilizando os medios que temos para as reclamacións» manifestou a alcaldesa.
Barbeira expresou as súas dúbidas sobre a labor do goberno e calificou de «auténtica barbaridade» os proxectos éolicos. Ucha matizou que «non podemos estar por sistema en contra dos eólicos».
María Pose(PP) criticou a «palabrería» e a falta de xestión do anterior alcalde mentres que Barbeira asegurou que «conseguiuse quitar un aeroxerador cerca da Fervenza e estabamos en proceso de quitar outro».
Moción non votada pola «Braña da Calzada»
Houbo outra moción que non se chegou a votar. Os socialistas propoñían a declaración de Ben Natural de Interese Local para a «Braña da Calzada».
Ucha Velo lamentou a iniciativa, indicando que este espazo «é do concello de Zas e non lle corresponde ao concello de Santa Comba» e advertindo que «iso significaría que non se podería facer absolutamente nada. Vaia a Cícere e dígalle que lle van a sacar a auga».
Outra moción do PSOE foi rexeitada. Pedíase o arranxo dos accesos ao depósito de Ser con cargo ao POS. Desde o PP explicaron que «O POS xa está concretado e pechado» pero expresaron a súa vontade de acometer a obra.
Non se chegou a un acordo sobre as datas da posible execución e a moción foi rexeitada cos votos en contra do PP, a abstención de Compromiso e dos non adscritos e o voto a favor do PSOE.
Comisión de investigación en marcha
O equipo de goberno presentou unha proposta de constitución dunha comisión de investigación para esclarecer supostas filtracións , accesos ilegais a documentación e unha suposta falsidade documental no concello.
A comisión estará formada por dous concelleiros do PP, un do PSOE, e por David Barbeira, José Antonio Ucha e Cristina Fajín. Votaron a favor tódolos concelleiros a excepción de Barbeira que se abstivo.
Tamén se aprobou unha moción do PP, lida por José Manuel Rodríguez Torreira, pedindo o cese do Ministro de Consumo, Alberto Garzón, polas súas recentes declaracións, cos votos a favor do PP, a abstención de non adscritos e Compromiso e o voto en contra do PSOE.