13.3 C
Santa Comba
sábado, septiembre 28, 2024

Mónica:”Feijóo comentou que tiña un botón frouxo e eu ofrecinme a coserllo”

– Xosé Manuel Lema-

Detrás das anécdotas están as persoas. E neste caso hai unha veciña de Vimianzo, Mónica, que traballa para a empresa Nanos, en Bergondo-A Coruña.Todo xurdiu cando, nunha visita a esta empresa, o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, comentou que tiña frouxo un botón da súa chaqueta.

Mónica non dubidou en prestarlle axuda ao político que agradeceu o xesto tanto presencialmente como cun chío no Twitter. Todo isto acompañado por un vídeo difundido por La Voz de Galicia.A costureira vimiancesa falou este venres no programa radiofónico “Na Encrucillada” de Radio Xallas.

E contou a anécdota:

“Entrou saudando e falando con todo o mundo. Fixo un percorrido pola fábrica e deu un discurso. Cando rematou, as traballadoras fomos a pedirlle unha foto.Afroxou a chaqueta para estar máis cómodo  e comentou que tiña o botón frouxo e eu ofrecinme a coserllo. Coincidiu que estaba ao seu lado”.

Non agardaba tanta difusión:“Estou un pouco sorprendida. A cuestión non era para tanto. Foi coserlle un botón”. Non tardou en recibir chamadas:“Pola tarde empezáronme a chamar porque me viran na televisión. Non pensaba que ía a ter tanta repercusión”.

Mónica comentou que “Feijóo foi moi cercano e atento con toda a xente”. E con simpatía bromea:”Non tódolos se está ao lado do presidente da Xunta”.

Podes escoitar a entrevista desde o minuto 36

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!


Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,310SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos