8.2 C
Santa Comba
miércoles, marzo 20, 2024

A Vía Céltica segue dando pasos

Este venres o concello de Santa Comba celebrará unha sesión plenaria que ten como un dos puntos destacados o recoñecemento e apoio da corporación á Vía Céltica como camiño de peregrinación a Santiago de Compostela.

Será unha nova mostra de respaldo dun municipio que xa colaborou coa edición do libro “Vía Céltica.Os  Camiños de Santiago por Santa Comba” de  Joam  Evams e  André Pena, promovido pola asociación  Costavales.

O presidente de  Costavales, Manuel Amigo, confirmou recentemente en Radio Xallas que o roteiro segue dando pasos co “mapeado” do mesmo e agora espérase poder desenvolver presentacións do libro nos distintos concellos implicados, seguindo a que xa se realizou en Santa Comba.

Moción en Coristanco

A “Vía Céltica” tamén chegará ao salón de plenos do concello de Coristanco. O portavoz do BNG, Antonio Andrade, defenderá unha moción na que solicita que se impulse “un proxecto de recuperación que comprenda un mapa ou plano co trazado máis aproximado posible ao orixinal, no tramo que afecta ao noso término municipal, así como unha proposta económica que permita abordar as tareas de limpeza, recuperación, adaptabilidade, sinalización e promoción institucional do indicado camiño”.

E o vindeiro domingo o itinerario será protagonista no programa “Vivir Aquí” da TVG, a partir das 15:15 h. Participará Joam Evams ou Rafael Lema.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos