A alcaldesa de Santa Comba, María Pose, reuniuse co conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, “para iniciar os trámites do traspaso ao Sergas do centro de saúde da capital xalleira”.
Segundo lembran desde o concello de Santa Comba a entidade municipal “asume un custo de 70.000 euros ao ano por encargarse da limpeza, luz, calefacción ademais de correr con todos os gastos da contratación dun conserxe”.
Na xuntanza a alcaldesa “insistíu tamén na petición dun aparello de Raios X e a necesidade de habilitar no consultorio de Santa Comba unha unidade de saúde mental, que se fai máis necesaria por mor dos problemas derivados da pandemia”.
No encontro tamén participou o delegado territorial da Xunta Gonzalo Trenor, e a xerente da área sanitaria de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez,