A candidata á Secretaría Xeral do PSdeG provincial da Coruña e deputada autonómica, Noa Díaz, visitou unha explotación gandeira da parroquia de Ser, no concello de Santa Comba; e desde onde trasladou o seu “apoio” ao sector lácteo e urxiu ao goberno galego a “tomar medidas” dentro das súas competencias “para atender aos problemas das e dos gandeiros”.
“A Xunta é parte do problema da industria gandeira cando renuncia a facer políticas que loiten contra o grave proceso de desindustrialización que está a vivir o noso país” sinalou Díaz, que estivo acompañada polo voceiro de Gandería do Grupo Socialista, Martín Seco; o voceiro municipal , Carlos Turnes; e polas concelleiras Blanca Ruzo, Jessica Antelo e José María Espasandín.
A candidata pediu ao goberno galego “que asuma que son goberno e axude ao desenvolvemento de actividades primarias no noso rural”, xa que, polo de agora, “está impasible” ante os problemas dun sector que está vendendo o leite a un prezo “moi reducido”.
Noa Díaz pediu o cumprimento da lei da cadea e contratos con prezos por enriba dos costes de produción, así como axuda para o autoconsumo.
A deputada socialista aseguro que a Xunta “desmantelou totalmente os instrumentos de apoio aos sectores agrarios e produtivos” a pesar da «“inxentes cantidades de cartos” procedentes da Unión Europea.