A asociación Mar de Fábula celebrou esta fin de semana a súa asemblea xeral ordinaria de maneira virtual.
Segundo contan deste a entidade “na orde do día, despois da presentación do estado de contas, pasouse revista ás actividades ambientais realizadas no 2021 onde as limpezas da ribeira e as visitas de centros de ensino ás instalacións de Mar de Fábula en Camelle foron os eixos de referencia”.
Algo que se pretende manter neste 2022:”As limpezas de praias e coídos seguirán sendo a carta de natureza da asociación xunto cun decidido pulo para aumentar as visitas de escolares a Camelle para levar adiante actividades ambientais con Mar de Fábula, sempre que a situación sanitaria mellore”.
Outras liñas de traballo marcadas son “o desenvolvemento de diferentes proxectos, a captación de novos socios e a formación dunha equipa profesional de educadores ambientais da asociación”.