O Partido Popular de Muxía empraza ao alcalde, Iago Toba, a negociar o Plan de Obras:“o alcalde dixo fai unhas semanas que así o faría e que convocaría unha comisión para tal finalidade pero a día de hoxe non recibimos ninguna convocatoria nin oficial nin extraoficial para tratar este tema”.
A portavoz da formación, Sandra Vilela, reitera a disposición do seu grupo a negociar pero cun diálogo previo e non “ a imposición dun goberno que parece non comprender que non ten maioría plenaria para gobernar de xeito unilateral”.
Lembran que entre as propostas da oposición xa se plasmaron no último pleno:“A segunda fase do saneamento de Frixe, a depuradora de Quintáns, os camiños interiores de Sorna e a carretera que vai dende Armear a Labexo foron as propostas da oposición e non é discutible que son obras necesarias calquera delas”.
Engaden que “Aínda incluindo estas obras, quedaría unha parte importante do POS para que o grupo de goberno dispoña del como considere” polo que cren que a proposta é “mais que razonable, mais tendo en conta, que algunhas desas obras xa estaban consesuadas co goberno”.
Desde o PP confían no acordo e agardan que “o alcalde non leve a Muxía a perder unha inversión tan importante como é a do POS. Os acordos están para cumprirse”.