Primitiva Pazos Lema, veciña de Moreira, Carnés, cumpriu cen anos e entro neste selecto clube de lonxevidade.A alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Benestar Social, María José Pose, entregáronlle un obsequio nesta tan conmemorada data.
Nacida no ano 1922, avoa de dous rapaces e bisavoa doutros dous, seu fillo emigrou a Alemaña e Suíza cando ela quedou viúva.Desde o Concello de Vimianzo, “felicitamos a esta veciña por ser centenaria, pero sobre todo por poder cumplilos así de ben”, destacan.