14.5 C
Santa Comba
miércoles, junio 29, 2022

Aprobados os orzamentos do concello da Laracha para este 2022

Os orzamentos municipais para o exercicio económico 2022 foron aprobados hoxe na sesión extraordinaria do Pleno celebrada na Casa da Cultura. As cifras totais sitúan o presuposto –equilibrado en gastos e ingresos- nos 8.618.000 euros, o que supón 313.000 euros máis que o ano anterior cun incremento do 3,77 % motivado pola maior participación nos ingresos do Estado e polo reforzamento nas achegas da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña para o financiamento de programas de servizos sociais e actuacións de investimento en infraestruturas municipais. As contas tiveron os votos a favor do grupo de goberno (Partido Popular), a abstención do grupo municipal socialista e os únicos votos en contra dos dous concelleiros do Bloque Nacionalista Galego.

O alcalde, José Manuel López Varela, comezou agradecendo o labor do persoal adscrito ao departamento de intervención pola elaboración dos orzamentos que, lembrou, “son previsións iniciais ás que se irán facendo ao longo do ano as modificacións correspondentes segundo as necesidades que se presenten”.

O rexedor municipal referiuse aos servizos sociais como “un puntal importante da acción do grupo de goberno”, destinando a eles 1.775.000 euros, o que supón o vinte por cento do total dos orzamentos. Neste sentido, destacou o reforzamento dos servizos como o de axuda no fogar “para que ninguén quede sen atención e poidan recibila todas as persoas que a precisen”.

López Varela tamén explicou que os capítulos 6 (investimentos reais) e 7 (transferencias de capital) deben entenderse como un único, xa que a cantidade de 1.240.000 euros que suman entre ambos irá íntegra á mellora de infraestruturas públicas. Por unha banda están os máis de 834.000 euros consignados para actuacións na rede viaria das trece parroquias do municipio e, por outra banda, as achegas municipais para o cofinanciamento coa Xunta de Galicia dos proxectos de construción da nova estación de tratamento de auga potable e de humanización de rúas no entorno do recinto feiral de Paiosaco. 

Neste apartado de investimentos, o alcalde mostrou a súa preocupación polo retraso no pagamento por parte do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE) –entidade pública dependente da Secretaría de Estado de Energía e adscrita ao Ministerio de Transición Ecológica- das achegas correspondentes para o financiamento dos proxectos de mellora da eficiencia enerxética xa concluídos. Detallou que o Concello adiantou 1,2 millóns de euros para a execución das actuacións –cantidade que inclúe tanto a parte de financiamento que corresponde ao propio Concello como a que debe facer fronte o IDAE-, pero que “a día de hoxe non se ingresou nin un céntimo das subvencións concedidas, o que está a supoñer un importante problema de tesourería” para as arcas municipais.

En relación á promoción do emprego, lembrou que actualmente o Concello da Laracha ten en marcha, co apoio da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia, tanto un obradoiro dual de emprego como un programa integrado de emprego, e que “imos continuar no futuro por esa liña”.

López Varela concluíu facendo referencia á conxelación de taxas e impostos como outro piar fundamental da xestión do grupo de goberno: “seguiremos prestando todos os servizos aos laracheses cos prezos máis económicos posibles, porque xa bastante teñen os cidadáns con asumir os incrementos do IPC, da electricidade e dos carburantes”.

Ademais dos orzamentos, na sesión plenaria tamén foron aprobados a creación e inclusión na relación de postos de traballo dunha praza de auxiliar administrativo adscrita á unidade de rexistro, padrón e atención ao público do departamento de Secretaría e Administración Xeral –coa abstención do BNG e o voto a favor do PSOE e do grupo de goberno- e do recoñecemento do complemento de antigüidade ao persoal laboral fixo, indefinido e temporal mediante o sistema de trienios, tal e como fora negociado previamente coa representación sindical –neste caso, por unanimidade dos tres grupos-.

NOTA DE PRENSA DO CONCELLO DA LARACHA

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
459SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos