Foto-Archivo
O alcalde de Mazaricos, Juan José Blanco, amosou a súa confianza en que a Deputación dea luz verde ao proxecto da Senda do Xallas en breve espazo de tempo:
«Este proxecto vaise a aprobar agora no primeiro trimestre de 2022, con casi medio millón de euros para os tres concellos (Mazaricos, Santa Comba e Zas) para un proxecto ambicioso desde o punto de vista turístico e que ademáis terá un impacto económico non só nestes tres concellos xa que enlaza cos concellos de Carnota e Dumbría no remate da senda».
En declaracións a Radio Xallas, Blanco afirmou que a Senda do Xallas suporá «un impulso económico para os concellos» e a «conexión de concellos do interior coa costa».
A pesar da situación pandémica actual, o mandatario destacou que o ano que remata «foi de moitísimas obras», destacando os investimentos dun millón de eiros realizados co remanante e outros plans de obras, así como o cambio de luminarias municipal.
Agarda que 2022 tamén sexa bo para Mazaricos e incluso «espectacular» se nos referimos aos proxectos particulares que se están promovendo en relación co turismo.