A pandemia segue provocando aprazamentos e suspensións de activiades. Difundimos (íntegras) notas dos concellos de Cee e da Laracha.
Aprazada a actuación da Festa de Fin de Ano en Cee (NOTA DE PRENSA)
Despois da reunión tida na alcaldía do Concello de Cee para analizar a situación actual da pandemia de cara a avaliar os actos previstos para a noite de fin de ano, acordouse o aprazamento da actuación. O Concello de Cee, dado o aumento de número de casos que está a sufrir, considera que non se dan neste momento as garantías de seguridade sanitaria para poder levar a cabo a actuación de Fin de Ano na Praza 8 de marzo.
O Concello de Cee quere recoñer publicamente a boa predisposición e comprensión de Manuel Ricardo Muñoz, xerente da Discoteca Móvil CDC, contando con toda a documentación para poder realizar a súa actividade.Conscientes da desilusión que esta nova supón especialmente para os máis mozos, e tamén para todas as persoas que lles gusta bailar, o Concello de Cee está a traballar xa para a realización de varias actuacións musicais a realizar en diferentes fins de semana, unha vez que superemos a situación actual e se poidan celebrar estes eventos sen restriccións. Nos mesmos, terá cabida a Disco Móvil CDC, con sesións musicais variadas para todos os públicos.
E desde o Concello da Laracha informan que “Trala comunicación por parte do Sergas de 188 casos de infección activa no termo municipal da Laracha a día de hoxe, o Concello decidiu suspender as actividades previstas en espazos pechados no Programa de Nadal”.
Tamén indican que A realización da cabalgata dos Reis Magos dependerá das medidas que acorden as autoridades sanitarias competentes.
En principio, mantense a proxección do filme «Joker» en formato autocine o 8 de xaneiro.