“O noso único interese é traballar para os veciños e veciñas de Santa Comba”, asegura o portavoz Carlos Turnes.
Esta é a nota de prensa difundida polo PSOE provincial
Os socialistas de Santa Comba comezan unha nova etapa centrada “en traballar para os veciños” co respaldo da dirección provincial do PSdeG.A dirección provincial do PSdeG na Coruña respalda a nova etapa iniciada pola agrupación socialista de Santa Comba.
Bernardo Fernández, portavoz do PSOE na Deputación da Coruña, e Antonio Leira, coordinador comarcal, mantiveron unha reunión cos socialistas de Santa Comba, para amosarlles o seu apoio e perfilar as liñas de traballo a curto e medio prazo.
O novo grupo municipal socialista queda composto por Carlos Turnes Romero, portavoz, e os seus compañeiros Blanca Ruzo, José María Espasandín e Jessica Antelo.
“O noso único interese é traballar para os veciños e veciñas de Santa Comba”, asegura Carlos Turnes. En xaneiro farase unha reunión coa militancia co fin de abordar a situación actual da agrupación.
“Teñen todo o noso apoio porque sabemos que tipo de persoas son e cales son os seus obxectivos: mellorar a vida dos veciños e a situación do seu concello”, engade Antonio Leira.