11 C
Santa Comba
viernes, marzo 22, 2024

Rafael Lema:“Non se chama Vía Céltica porque os celtas viñeran de peregrinos a Santiago”

O escritor e investigador Rafael Lema falou en Radio Xallas sobre a polémica xurdida a raíz dun artigo de Cristóbal Ramírez no xornal La Voz de Galicia “porchamarlle Vía Céltica a unha posible vía xacobea que atravesa a Terra de Xallas, neste caso cara a Costa da Morte”.

Lema aclarou:“Non se chama Vía Céltica porque os celtas viñeran de peregrinos a Santiago. O nome vén porque os promotores deste camiño  e os historiadores saben que hai un territorio alto-medieval chamado Céltigos e decidiron chamarlle así. É algo que está acreditado e que non necesitaría discusión”.

Escoita a entrevista a Rafael Lema desde o minuto 14

Desde o punto de vista estas críticas “tentan embarullar e crear confusión e son destrutivas e sen coñecemento”. Lembrou que “A Vía Céltica documentouse cun libro bastante riguroso que fala de camiños reais, calzadas e restos romanos que integran a Terra de Xallas con Santiago”.

Vía Céltica e o recoñecemento do Arcebispado

Por un lado está o nome e por outro a cuestión do camiño xacobeo:”Hai un comité de expertos que asesora ao Xacobeo e que marca os camiños” explicou Rafael Lema, deixando claro que a Vía Céltica, de momento “non é un camiño recoñecido aínda; se non é unha proposta que está aí para estudio”.

Pero “é unha iniciativa que foi aceptada polos garantes do Camiño de Santiago e os custodios da tumba de Santiago que é o Arcebispado que validuou a documentación aportada  e de inicio dín que é un camiño de peregrinación”.

O escritor porteño, autor do libro “El camino secreto de Santiago. La ruta pagana de los muertos” e ponente no último Congreso Internacional Xacobeo destacou que os promotores do recoñecemento da Vía Céltica “interesáronse por traballar, e facer unha investigación e un traballo de campo, e publicando un libro”.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos