O escritor e investigador Rafael Lema falou en Radio Xallas sobre a polémica xurdida a raíz dun artigo de Cristóbal Ramírez no xornal La Voz de Galicia “porchamarlle Vía Céltica a unha posible vía xacobea que atravesa a Terra de Xallas, neste caso cara a Costa da Morte”.
Lema aclarou:“Non se chama Vía Céltica porque os celtas viñeran de peregrinos a Santiago. O nome vén porque os promotores deste camiño e os historiadores saben que hai un territorio alto-medieval chamado Céltigos e decidiron chamarlle así. É algo que está acreditado e que non necesitaría discusión”.
Escoita a entrevista a Rafael Lema desde o minuto 14
Desde o punto de vista estas críticas “tentan embarullar e crear confusión e son destrutivas e sen coñecemento”. Lembrou que “A Vía Céltica documentouse cun libro bastante riguroso que fala de camiños reais, calzadas e restos romanos que integran a Terra de Xallas con Santiago”.
Vía Céltica e o recoñecemento do Arcebispado
Por un lado está o nome e por outro a cuestión do camiño xacobeo:”Hai un comité de expertos que asesora ao Xacobeo e que marca os camiños” explicou Rafael Lema, deixando claro que a Vía Céltica, de momento “non é un camiño recoñecido aínda; se non é unha proposta que está aí para estudio”.
Pero “é unha iniciativa que foi aceptada polos garantes do Camiño de Santiago e os custodios da tumba de Santiago que é o Arcebispado que validuou a documentación aportada e de inicio dín que é un camiño de peregrinación”.
O escritor porteño, autor do libro “El camino secreto de Santiago. La ruta pagana de los muertos” e ponente no último Congreso Internacional Xacobeo destacou que os promotores do recoñecemento da Vía Céltica “interesáronse por traballar, e facer unha investigación e un traballo de campo, e publicando un libro”.