11.5 C
Santa Comba
viernes, abril 12, 2024

Nadal larachés centrado no público infantil e familiar

O Concello presenta o programa de actividades que se desenvolverá durante o Nadal e que estará centrado en propostas culturais e de ocio especialmente dirixidas ao público infantil e familiar. 

A programación xa comezará a próxima semana co tradicional festival de teatro infantil que se desenvolve en horario lectivo e que vai dirixido ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e Caión. Os días 17, 20 e 21 de decembro todos os nenos de infantil e primaria asistirán á Casa da Cultura da Laracha para presenciar a obra Os tres porquiños, de Educa Teatro.

Despois da fin de semana de Nadal principiarán os eventos dirixidos ao público en xeral que se realizarán nas vilas da Laracha, Paiosaco e Caión. En todos os casos o acceso será gratuíto ata completar o aforo máximo e requiríndose o emprego da máscara facial. As propostas son as seguintes:

27 de decembro. Tarde de cine: Donkey Xote. Centro sociocultural de Paiosaco, 17:30 h.

28 de decembro. Teatro infantil: Valente e rebelde, de Trémola Teatro. Casa da Cultura da Laracha, 17:30 h.

29 de decembro. Espectáculo infantil de sombras: Alén, da Asociación Teatral Paso de Valverde. Centro sociocultural de Paiosaco, 17:30 h.

30 de decembro. Xogos populares: Os xogos do Paporrubio. Centro comunitario de Caión, 17:30 h.

3 de xaneiro. Tarde de cine: Dumbo. Casa da Cultura da Laracha, 17:30 h.

4 de xaneiro. Tarde de cine: Nocturna, unha aventura máxica. Centro comunitario de Caión, 17:30 h.

8 de xaneiro. Autocine para adultos: Joker. Praza Olonne sur Mer da Laracha, 21:30 h. 

Cabalgata dos Reis Magos

Os días 4 e 5 de xaneiro as súas maxestades os Reis Magos realizarán un percorrido nas súas carrozas polas rúas das trece parroquias do termo municipal. Debido á situación sanitaria actual, e do mesmo xeito que sucedeu o ano pasado, non poderá realizarse a habitual festa infantil que organizaba o Concello na véspera de Reis no pavillón do Instituto.

Concursos de Nadal

Cabe lembrar que o Concello organiza polo Nadal catro concursos dirixidos a diferentes colectivos. O certame de panxoliñas “María Angeriz Tuset” presenta unha importante novidade nesta edición, xa que por primeira vez se realizará de xeito virtual a través das redes sociais. Vai dirixido ás asociacións culturais e coros parroquiais e grupos do municipio, que nesta ocasión deberán enviar un vídeo coa súa panxoliña. Todos eles serán subidos á páxina de Facebook do Concello da Laracha o 23 de decembro, e os usuarios desa rede social poderán votar polos seus favoritos ata o 3 de xaneiro. Polo feito de participar, cada entidade ten garantida unha gratificación económica de 200 euros. Ademais, os tres vídeos con máis “gústame” por parte dos internautas gañarán premios de 400, 300 e 200 euros. 

O concurso de escaparates alcanza a súa 26ª edición. Convídase a participar a todos os establecementos e locais comerciais do termo municipal que dispoñan de escaparate exterior. Repartiranse un total de 1.800 euros en premios entre as dúas modalidades: a valoración do xurado e o concurso que se realizará en Facebook. Ata o 21 de decembro permanecerá aberta a inscrición. Os cinco mellor puntuados polo xurado obterán os premios de 500, 400, 300, 200 e 100 euros respectivamente. Ademais, o concurso de Facebook  contará con tres premios de 150, 100 e 50 euros a repartir entre aqueles establecementos que obteñan máis “gústames” entre o 27 de decembro e o 3 de xaneiro.

Pola súa parte, os concursos de postais e de contos van dirixidos ao alumnado dos colexios Otero Pedrayo da Laracha, Alfredo Brañas de Paiosaco e CEIP de Caión. En ambos casos a valoración realizarase o xoves 16 de decembro a partir das 11:00 horas na biblioteca municipal da Laracha. Os premios consistirán en xogos e material educativo. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos