10 C
Santa Comba
domingo, abril 7, 2024

Dúas persoas trasladadas logo de colidir un autobús e un turismo en Vimianzo

Info- AXEGA 112

Dúas persoas, un adulto e un menor, tiveron que ser trasladadas despois de accidentarse un autobús e un coche, en Vimianzo.

O 112 Galicia foi coñecedor dos feitos poucos minutos despois das dúas da tarde, mediante a chamada dunha testemuña da colisión, ocorrida no punto quilométrico 62, da AG-55, sentido Coruña. A persoa xa indicaba que ninguén estaba atrapado no interior dos vehículos pero si requiría asistencia médica.

Deste xeito, os xestores do CIAE-112 Galicia informaron aos servizos sanitarios, á Garda Civil de Tráfico, aos Bombeiros de Santa Comba e de Cee e aos membros de Protección Civil de Zas e de Vimianzo.

Ao final, a patrulla da Garda Civil de Tráfico, desprazada ata o lugar do accidente, confirmou que resultaran feridos, de carácter leve, o condutor do turismo e un menor de idade que viaxaba no autobús. Ambos os dous, foron trasladados polo persoal do 061 ao centro de saúde da localidade.Para manter a seguridade na vía, o 112 tamén lle notificou o sinistro ao Centro de Xestión de Tráfico e ao persoal de mantemento de estradas.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos