17 C
Santa Comba
viernes, julio 1, 2022

Comezo óptimo no uso do contedor marrón no concello de Santa Comba

A primeira recollida da materia orgánica depositada polos veciños de Santa Comba nos contedores marróns foi todo un éxito. Así o confirman desde Sogama en base “os resultados da caracterización realizados por unha empresa externa na planta de compostaxe industrial de Cerceda”.

O 95,26% dos residuos depositados no quinto contedor correspondían ao mesmo (fracción orgánica e asimilable), detectando tan só un 4,74% de impropios. O motivo foi a aparición dalgún téxtil e envase plástico e de tipo brik, que deberían ter sido introducidos nos contedores de roupa e amarelo respectivamente.

Segundo indican desde Sogama “o bo comezo da recollida diferenciada de materia orgánica en Santa Comba pode servir de incentivo para que outros entes locais se animen a seguir o seu exemplo”.

Recentemente, coincidindo coa  Europea da Prevención de Residuos 2021, a Capital do Xallas contou cun punto informativo de Sogama, coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, e coa presenza da propia conselleira, Ánxeles Vázquez.

Os veciños que se achegaron ao stand da campaña, bautizada co lema “O Marrón, o contedor que devolve vida”, non só tiveron a oportunidade de recibir información, senón tamén de facerse con diversos materiais divulgativos, entre os que figuraban bolsiñas de compost elaborado nas instalacións de Sogama. Deste xeito poideron comprobar o fruto da colaboración da cidadanía co contedor marrón, seguindo os pasos doutros concellos nos que esta iniciativa se desenvolve de forma exitosa como son Carballo, Laracha e Cerceda. 

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí

Concello de Val do Dubra
Concello de Val do Dubra
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,776SeguidoresSeguir
460SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos