9.5 C
Santa Comba
sábado, marzo 23, 2024

Nadal en Santa Comba con distintas actividades

A medida que se achegan as datas do Nadal multiplícanse as actividades en todo o territorio. Un exemplo é o concello de Santa Comba.

Marta Doviro, Os Bolechas e Charly Braun

O concello xa presentou o cartel do “Nadal Cultural”. O xoves 16 de decembro terá lugar a entrega de premios do concurso de postais nos centros educativos. Ao día seguinte haberá un monólogo cómico a cargo de Marta Doviro que representará “Memorias dunha rapasa da costa” a partir dás 10 da noite no auditorio do Multiusos.

O sábado 18, no mesmo espazo estarán Os Bolechas con “Crebanoces”(18:00h). O xoves 30 de decembro haberá un obradoiro de maxia (12h) para nenas e nenos a partir dos sete anos. E  a mesma hora no mesmo recinto, o 7 de xaneiro actuará o Mago Charly Braun.

Soles de Galicia e Os Celtas

E o día de Noiteboa e o de Fin de Ano (de 12 a 15) a asociación de empresarios de Santa Comba organiza dous pasarrúas. O primeiro día coa actuación do mariachi “Sol de Galicia” e o segundo coa charanga OS Celtas.

Actividades da Asociación de Empresarios

Xunto con estes dous pasarúas a asociación de empresarios de Santa Comba promove unha «Campaña de Rascas» con máis de 1.000 premios directos valorados en preto de 10.000 euros. A campaña comeza o 15 de decembro e remata o 8 de xaneiro. Os «rascas» poderán conseguirse comprando no pequeno comercio.Os produtos exporanse nun escaparate da rúa Alfonso Molina.

O xoves 16 de decembro haberá un curso de tiraxe de cervexa a cargo de Laura Martínez subcampiona de España e campiona de Galicia desta actividade. Ao día seguinte desenvolverase un curso de decoración de Nadal. As dúas iniciativas serán nas oficinas da asociación e gratuitas para os asociados.

A asociación colabora co concello de Santa Comba na XV edición do concurso de escaparates de Nadal, con 1.000 euros en premios. O prazo de inscrición ábrese o 13 de decembro.Máis info na propia entidade ou nas súas redes sociais. Desde a asociación que preside Alberto Romar agradecen a cooperación das empresas asociadas para poñer en marcha esta campaña de Nadal.

Olympus e Mega CDC

E o venres 17 de decembro está prevista unha verbena promovida pola comisión de festas de Santa Comba, coa actuación da orquestra Olympus e a animación da discoteca móbil Mega CDC

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,826SeguidoresSeguir
1,220SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos