A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez, forma parte da executiva galega elexida no Congreso do PSdeG e estará á fronte da Secretaría Emprendemento e Dinamización Económica.
Rodríguez agradeceu «a confianza recibida ao longo dos anos por parte de todas e todos os compañeiros que conforman unha formación aberta e a disposición de toda a veciñanza».
Do mesmo xeito, aproveitou o nomeamento para felicitar «a un cadro humano excepcional, exemplo de responsabilidade e traballo» que forma parte do Comité Nacional Galego da Costa da Morte: Paula Mozo Maceiras como coordinadora comarcal; Margarita Lamela Louzán, de Cee; Manuel Insua Insua, 'Lalo', e José Antonio Louro Pais de Corcubión; Iago Toba Campaña de Muxía; e Juan Manuel Saborido Rama, 'Moma', de Carnota, Raúl González Lado, de Dumbría e José Marcote Suárez, de Fisterra