Os portavoces dos grupos da oposición no concello de Cee, Antonio Domínguez(PP), Ramón Vigo(IxCee), Serxio Domínguez(BNG) e Juan Ramón Hermida(Ciudadanos) propoñen que se celebre unha verbena na praza Domingo Antonio de Andrade o día 31 de decembro.
Aseguran que xa plantexaron este tema no último pleno e “á alcaldía parecíulle ben”. Desde a oposición consideran que “é importante a organización desta festa por parte do Concello, xa que así se evitaría o desprazamento da xuventude a outros concellos, co risco que esto supón, contribuiría ao disfrute da cidadanía e daría un impulso a nosa hostelería nestes tempos tan difíciles para eles polo parón dos dous últimos anos”.
E expresan o seu apoio a aprobar un recoñecemento extraxudicial de crédito para financiar o evento:”Somos conscientes que a estas alturas do exercicio presupuestario as partidas correspondentes ao departamento de cultura están esgotadas ou comprometidas. Por eso nos cornprometemos a aprobar o correspondente recoñecemento extraxudicial de crédito no mes de xaneiro do vindeiro ano por un importe igual aos gastos da verbena”.