11.3 C
Santa Comba
viernes, septiembre 22, 2023

Mazaricos celebra a Ruta das Tapas 2021 o 3 e 4 de decembro

A Ruta das Tapas 2021 de Mazaricos celebrarase entre o venres 3 e o sábado 4 de decembro. O Concello de Mazaricos volve convidar a toda a veciñanza e visitantes a desfrutar dos sabores de Mazaricos nos locais participantes. Nesta ocasión son oito os locais que colaboran coa ruta, con tapas a un prezo fixo de 2 €.

A tardiña do sábado contará tamén co atractivo da actuación de Festicultores Troupe. Un dos grupos máis festeiros e orixinais de Galicia volve á carga cun espectáculo que non deixará a ninguén indiferente. Será ás 20h no Campo da Feira (aínda que se chove, desprazarase o evento á Casa de Cultura). 

Votación e premios

As persoas participantes contarán cunha credencial que poderán selar en cada local. Esta deberá introducirse ao finalizar a ruta nunha das urnas habilitadas. Nesta credencial asignaranse puntuacións ás tapas degustadas. Ao finalizar esta edición recontaranse os votos para decidir cal é a mellor tapa deste ano, e o local que a elaborase recibirá un diploma conmemorativo. Ademais, entre as persoas que voten deste xeito a súa tapa favorita sortearase unha cea para dúas persoas. 

Nesta edición os locais participantes son o Bar Alborada, Bar O Verxel, Bar Rial, Asador Manduca, Restaurante Efe-Eme, Campamento Corzón, Casa Jurjo e Casa Senra. O concelleiro de Promoción Económica de Mazaricos, Jorge Sanmartín, agradeceu a súa implicación para esta actividade e considerou que a Ruta das Tapas vai ser outro “evento dinamizador da hostalería local” de especial importancia por atoparse próximo ás celebracións de Nadal. “Este Nadal imos reforzar o noso apoio á hostalaría e ao comercio locais para que estas festas sexan un punto de inflexión despois dos peores efectos da pandemia”, engadiu.

Pódeche interesar

DEJA UNA RESPUESTA

Por favor ingrese su comentario!
Por favor ingrese su nombre aquí
Captcha verification failed!
La puntuación de usuario de captcha falló. ¡por favor contáctenos!
spot_img
spot_img

Síguenos

7,820FansMe gusta
1,661SeguidoresSeguir
1,832SeguidoresSeguir
1,170SuscriptoresSuscribirte

Últimos artigos